Cantai, rulas

Domingo, Junho 28, 2009

De oligopolios [e auga de San Xoan]

Terça-feira, Junho 23, 2009

y en ella el amor mío 
la carita se lavó... (Silvio)
Santa María,
herba luísa,
chopo,
malva,
romeu,
loureiro,
nébeda.

Viaxe

Segunda-feira, Junho 22, 2009

VIAXE

Disme que temos que levantar o voo,
cambiar de aires,
fuxir.
Pero onde vaiamos, iremos ti e mais eu
e quen sabe se todo isto non virá tamén.
/M. Rivas,1989/

Xuño

Terça-feira, Junho 16, 2009

Acolchado de amor (mentres durmías)

Terça-feira, Junho 09, 2009









Volvinme demasiado sensata

comprensiva abnegada
perfecta até a náusea.
Déixote que te pasees co teu aire de semental
ao baño á cociña a por un pouco de auga.
Se me preguntas
dígoche que si para non entrar en detalles
para que durmas tranquilo e rendas na oficina.
A mentira é decote máis fácil e espontánea
como estar xuntos.
É cómodo o meu corpo,
ten cantos redondeadas
e formas ergonómicas
(sen falar do moito que gorece
e o pouco que pesa).
Non pide ren, non fai preguntas
prefire non saber.
Acolchado de amor
fai tempo que non sinte a cabeza.
/Miriam Reyes, 2004/

CADRO: Luís Davila. Mentres durmías, 2009 (vide Galizarte)

Felicidade

Sábado, Junho 06, 2009


got my window open wide,
got a good woman by my side... (Jakob Dylan)

Desafiar o noso feble estoicismo 
xogando os meus pés ao escondite cos teus recovecos.
Facerlle un corte de manga á lei seca,
(e as beiras a Al Capone).
Mollarnos a boca con saliva unilingüe,
cuspirlla na cara aos escuros.
Criar sempre unha boa tropa de paxaros 
entre cerebelo e lóbulo temporal,
calarse o sombreiro para evitar fuxidas.
Saltarnos a peaxe da felicidade 
sen freos e sen maletas, nunha road movie
na que os malos sempre son mellores. 
Botar un solto coa vida
abaneando carnes e desequilibrios e
atuar ao futuro, ese covarde que finxe non coñecerme 
dende que bailo con outros. 
Rezar no Tarasca,   
bicarnos en Praterías;
profanar Compostela.

Gústame

Quinta-feira, Junho 04, 2009

Gústame vivir o mundo furtivo da
noite no que uns roubamos o
corazón doutros.
Ese mundo de pintura azul e
poesía.
Bailar.
Abrir as pernas.
Violentar as palabras.
Vencer o frío.
Amar.
/Lupe Gómez, 2005/