Olvido

Sexta-feira, Novembro 06, 2009


Un cego que canta blues: para que a palabra maldita non o borre todo e para sempre. O vento que fura o país mentres unha muller chora por un tellado que voa, pola luz que falta, polos de sempre que miran para outro lado. Unha nena de ollos claros bica o rostro do avó mentres cae a chuvia, fría fría, sobre as súas mans metidas na area dunha praia sen mar. Un namorado republicano que escribe con esprai nas paredes: quérote, princesa. Un tipo que tira o periódico ao lume, e arden os espías, os que mandan nos espías, o márquetin electoral que todo o ensucia. Un pai que cambia o pañal do sol. Dous tenistas inmensos dando leccións de humanidade en Australia. Unha lágrima e un avión que parte rumbo a Bos Aires. Borges que resucita cada noite entre os libros que ela le: palabras de otros, fue la pobre limosna que le dejaron las horas y los siglos. Un poema sen rima que deixa rímel (mentira tras mentira) nas uñas da muller que grita: de que serve esta poesía que non sabe mover o corazón. Un médico que quería unha vida con sentido, anos despois do seu divorcio, e marchou a África. O solitario que fuma ás seis do mencer nun bar húmido do Berbés. As ondas do Orzán que miras, triste. Unha bailarina, un disc-jockey. Unha mamá que celebra a súa separación. Un home que pinta o seu desespero cantando: por eso aún estoy en el lugar de siempre. Unha risa que corre na cafetería do parlamento e ela ri con el, o seu adversario, e pensa qué estafa a política. Un amigo que hai mil anos que non ves e recorda o verso de Pound: o que amas, perdura. Un músico, un artista, un parado, un Romeo sen Julieta. A veciña do primeiro que non encontrou o primeiro amor. A peregrina que quere ser pedra nas pedras de Pontevedra. O lugués que recorta unha columna de periódico e escribe grazas. Blanco Amor e os cincuenta anos de A esmorga . Eu, aquí. Para que non venzas, olvido.
/Xosé Carlos Caneiro/

6 fotograma(s) por minuto:

Senda disse...

BRAVO, BRAVO!!! xa sabes que me encantan as túas escollas, pero esa foto...
Bicoss

Raposo disse...

Fermoso texto.

noa disse...

xa non dou escrito nada... hoxe.
unha marabilla.

Torreira disse...

Que bien que viniste!!!.Bico

Chousa da Alcandra disse...

Ogallá fose quén de sintetizar nunha palabra o que me gustou lerte novamente. E mira que eu tento facer o mesmo cos meus post; pero...se o vou conseguindo nos meus, non son capaz cos dos demáis. Gustoume lerte e -polo tanto- non esquecer a ruta que me trae cara ti.

Un bico

Leopold Bloom disse...

R.E.M xa fai tempo que no saca un bo disco ( o Automatic ou o Murmur por exemplo) pero as letras no están mal de todo. I LOVE YOU FOREVER!